martes, 24 de marzo de 2009

NON TE RINDAS

Os publico este texto de Ana María Mañá. Como siempre escrito con profundidad y en un gallego muy hermoso.
NON TE RINDAS
"NON TE RINDAS" Esta frase repenica na miña cabeza dende que fixen O Camiño de Santiago. Algunhas etapas foron durísimas, pero cando por fin ves as torres da Catedral, esqueces todas as penurias que puideras ter pasado para chegar ata alí.
¿Cantas veces na nosa vida "recorremos o Camiño de Santiago"? Moitas, sen dúbida. E moitas veces nos sentimos sen forzas ou pensamos "non podo seguir".
Pero non debemos rendirnos nunca, por máis árida que sexa a terra pola que pisamos, debemos continuar e pensar que despois de subir a pendente, baixar a colina e atravesar vales e ríos: veremos as torres da Catedral e, todo o esforzo realizado, terá merecido a pena.
En certa ocasión chegou ás miñas mans unha mensaxe que comenzaba, precisamente así : Non te rindas.
"Cando as cousas vaian mal, como ás veces pasa. Cando o camiño pareza costa arriba. Cando os teus recursos mengüen e as túas débedas medren, e ó quereres sorrir, quizáis suspiras. Cando as túas preocupacións te teñan agobiado, descansa se che urxe, pero non te rindas.
A vida é rara coas súas voltas e tumbos, como todos a miúdo comprobamos. E moitos fracasos xurden, malia poder ter vencido se perseveraramos no intento. Así que non te rindas aínda que o paso sexa lento. O triunfo pode estar á volta da esquina. O triunfo é só o fracaso ó revés, é o matiz prateado desa nube incerta que non che deixa ver a súa cercanía... malia a estar ben preto de ti.
Por iso, decídete a loitar sen dúbida, porque en verdade, cando todo empeora, o que é valente non se rinde, LOITA!!!"
Eu intento ter isto presente cada día e hoxe, DOMINGO, escríboo aquí para lembrarvos a todos a necesidade de NON RENDERSE NUNCA.
Ana Mª Mañá

No hay comentarios: