Las Parroquias de Mugardos, Franza, Mehá y San Juan de Piñeiro están situadas en el ayuntamiento de Mugardos. Las Cuatro pertenecen a la Archidiócesis de Santiago de Compostela. Comenzamos este Blog en la festividad de Nuestra Señora de La Merced. 24 de Septiembre de 2008. Que ella nos ayude a conseguir la verdadera libertad que nos trajo su Hijo. Esa verdad nos hará libres.
martes, 6 de octubre de 2009
A GRAN RIQUEZA DO “CONCILIO VATICANO II” (II parte)
Artículo de "igrexa en Bezoucos" y escrito por Manel, que hoy traigo a esta página. Gracias por el escrito.
Algúns (cunha notoria nostalxia de
tempos pasados) están intentando
borrar o seu recordo porque os desa-
fíos que o Concilio Vaticano II segue
expoñendo hoxe en día son moi in-
cómodos. Sen embargo, “o Novo
Pentecostés” invocado polo Beato
Xoán XXIII segue abrindo portas e
ventás para que lle siga entrando ese
“aire fresco e renovador do Espíri-
to ”a unha Igrexa cuxa principal mi-
sión é a de estar sempre dispoñible a escoitar as angustias e as
esperanzas do mundo actual: “Os gozos e as esperanzas, as tris-
turas e as angustias dos homes do noso tempo, sobre todo dos
pobres e de cantos sofren, son a un tempo gozos e esperanzas,
tristuras e angustias dos discípulos de Cristo. Nada hai verda-
deiramente humano que non encontre eco no seu corazón”.
Un dos grandes temas do Concilio e o primeiro sobre o que
traballaron os Pais Conciliares foi a Liturxia.
Este foi o texto preparatorio que mellor fora aco-
llido por éles. Os expertos que prepararan o bo-
rrador eran todos animadores recoñecidos do mo-
vemento litúrxico. Grazas a este documento, a
Igrexa en todo o mundo pasou rapidamente da
lingua latina aos idiomas nacionais; subliñouse
a importancia da Igrexa local e da liturxia da
Palabra. O documento conciliar sobre a liturxia
foi o primeiro en ser aprobado con 2.147 bispos
a favor e só 4 en contra, o 4 de decembro de
1963. A partir desta data, non fixo falta que pa-
sasen moitos meses máis para que a Reforma
Litúrxica xa fose entrando en vigor en todo o
mundo.
Outro dos temas importantes trata da Consti-
tución conciliar sobre a Igrexa. Xa o Cardeal
Montini (o futuro Papa Pablo VI) lanzara ao comezo do Concilio
o famoso interrogante: “¿Igrexa, que dis de ti mesma?”. Os
bispos case por unanimidade (2.151 a favor e 5 en contra) con-
testaban ao mundo enteiro que a Igrexa, corpo místico e pobo de
Deus en camiño, é ao mesmo tempo comunidade visible e espi-
ritual. O Concilio fala da Igrexa Pobo de Deus, que todos os
seres humanos están chamados a integrar; logo explica a función
dos bispos, sacerdotes e diáconos e presenta un capítulo enteiro
dedicado aos laicos.
Tamén se aprobaron moitos outros decretos: sobre os bispos,
os presbíteros, a vida relixiosa, a formación sacerdotal, a educa-
ción cristiá, sobre as relixións non cristiás e a liberdade relixio-
sa, sobre o apostolado dos laicos e sobre a actividade misioneira.
En definitiva, o desexo case unánime dos 2.500 bispos pre-
sentes no Concilio era chegar pronto a unha reforma litúrxica
próxima ó pobo, que permitise a súa participación. Redescubrin-
do as antigas tradicións litúrxicas, o pobo ven a ser de novo pro-
tagonista das celebracións e da vida eclesial. Para iso o Vaticano
II restaurou o lugar da Palabra de Deus como fundamento de
toda a vida cristiá. O Maxisterio non está por riba
da Palabra de Deus, senón ao seu servizo. Todo o
Pobo de Deus pode e debe achegarse a Biblia para
que esta ilumine a súa vida. Esta definición da Igre-
xa (Pobo de Deus) valora a condición cristiá de to-
dos os integrantes da Igrexa, laicos e ministros.
Se agora me decido a escribir estas liñas, é por-
que como cristián que trata de encontrar algún día
o camiño do Reino, sorpréndeme a aparición dun-
ha “asociación ”dedicada, segundo algún dos seus
membros, a “preservar e fomentar a liturxia tradi-
cional” do Concilio de Trento, utilizando para iso
un rito de fai máis de 500 anos. Trátase do rito ro-
mano de San Pío V, en latín e co sacerdote ollando
o altar (ás costas do Pobo de Deus). Din: “En reali-
dade a Oriente”, “con todos ollando cara a Deus”.
Un dos sacerdotes oficiantes chegou a comentar:
“Sento que así se expresa mellor o misterio da fe
”... “Porque con este rito se enten-
demellor o sacerdocio”.
Coñezo a algún dos membros
desta asociación e de verdade que
merécenme o máximo respecto e
consideración; pero non podo
ocultar que estas celebracións, en
pleno século XXI, xa deberían for-
mar parte da historia da Igrexa. O
“Oriente” de hoxe témolo máis
próximo se ollamos e atendemos
as necesidades de todos os ir-
máns que sofren ao noso arre-
dor: Pais de familia con dificul-
tade para chegar a fin de mes,
mozos sen emprego, enfermos
sen esperanza, anciáns que non
teñen quen os queira, nenos abandonados á súa
sorte, inmigrantes que veñen en busca dun mun-
do máis solidario, e moitas veces atópanse ca
morte xa antes de chegar, etc. Creo que esta é
unha das boas maneiras de “ollar cara a Deus”
por medio do seu Fillo Xesús Resucitado.
Segundo o Concilio Vaticano II, co bautismo ca-
pacítasenos para a liberdade de escoitar e de ex-
presar. O bautismo abre os nosos oídos e desata a
nosa lingua, para que poidamos comunicarnos con
Deus e co próximo con liberdade e con plenitude.
Xesús non quere unha comunidade de ovellas mu-
das e submisas que só saben dicir amén; unha co-
munidade onde os laicos soamente poidamos oír
pero sen expresarnos. Hoxe úrxesenos a este mu-
tuo esforzo de escoitar aos demais desde o cora-
zón, e de comunicar a nosa palabra con humildade
e valentía, nunha linguaxe no que todos nos enten-
damos. Manel.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario